O pasado venres finalizou a Microcredencial Universitaria en Alimentación e Seguridade Alimentaria, realizada na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.
Esta formación, impulsada pola USC en colaboración con Cáritas Diocesana de Lugo, contou cun grupo de alumnas comprometidas e participativas, que afondaron nos retos actuais da seguridade alimentaria e na importancia dunha alimentación responsable e sostible.
Parabéns a todas pola vosa implicación e ganas de aprender. Seguimos creando oportunidades formativas que transforman.