INTERVENCIÓN EDUCATIVA

O Proxecto de Intervención Educativa nace no ano 1994, dentro do Programa de Familias en Desvantaxe, para así dar resposta as necesidades educativas daquelas persoas que se atopan en idade escolar ou realizando algún tipo de estudo e non dispoñen de recursos económicos para financiarse unha axuda externa ao sistema educativo.

Dende Cáritas parécenos moi importante que todas as persoas teñan os mesmos dereitos no ámbito educativo, polo que o que comezou como un apoio ao Programa de Familias, foise estendendo a todos os programas que forman parte de Cáritas Diocesana de Lugo (Inmigrantes, Muller, Discapacitados …), contando así con cada vez máis participantes.

O perfil do participantes neste proxecto de intervención educativa é moi heteroxéneo. Polo que poden participar dende menores con dificultades específicas de aprendizaxe ou apoio escolar a adultos que necesiten aprobar o acceso a ciclos de formación profesional, ESO e  Bacharelato, ou mesmo persoas que acaban de chegar ao noso País e teñen problemas co idioma.

O noso obxectivo é prestar axuda individualizada e personalizada ás persoa demandantes para que acaden os seus obxectivos educativos e académicos. 

Actividades de Formación cara os Participantes:

–  Apoio escolar a nenos e nenas e xuventude.

– Alfabetización e formación de adultos.

–  Orientación para a intervención dos pais no proceso educativo dos seus fillos.

–  Axudas económicas para libros, actividades, estraescolares, material informático.

–  Formación para os pais. 

Actividades de Formación cara ó equipo:

–  Elaboración de recursos educativos

–  Asistencia a cursos que nos permitan seguir profundizando.

–  Reunións de formación de voluntarios

Actividades con respecto ás Relacións Exteriores e Xestión de Recursos :

–  Conexión coas Institucións públicas ou privadas que estén traballando a nivel de pensamento  ou actuación con familias.