ESTE NADAL, FAGAMOS QUE TER UNHA VIDA DIGNA DEIXE DE SER CUESTION DE SORTE

No Nadal celebramos o nacemento do Fillo de Deus e, con El, renacen en nós a bondade, a humanidade e a capacidade de perdoar e amar, recuperando a nosa dignidade de fillos e fillas de Deus.

Ter unha vida digna, acceso aos dereitos humanos, vivir en paz, con seguridade, fogar, emprego, educación e saúde non debería depender da sorte.

Esa dignidade, que nos fai iguais, québrase cando deixamos de recoñecer a dos demais: cando vulneramos os seus dereitos, limitamos a súa liberdade ou miramos para outro lado.

Por iso, en Cáritas queremos un Nadal no que vivir con dignidade sexa unha elección, non un azar; un Nadal que nos leve a tomar conciencia e a preparar de verdade a nosa casa, máis alá de decorala.

Celebra o Nadal con Cáritas Lugo! Infancia e xuventude

Dende os programas de Infancia e Xuventude de Cáritas queremos convidarte a ti e ás túas crianzas a participar nas nosas festas de Nadal, pensadas para que nenas, nenos e adolescentes gocen duns días cheos de xogo, ilusión e convivencia. Haberá obradoiros creativos, xogos cooperativos, música, sorpresas e momentos para compartir valores como a solidariedade, a amizade e o respecto.

Son actividades de balde, abertas a todas as familias, e especialmente pensadas para que as máis pequenas e pequenos vivan un Nadal diferente, acompañado e feliz. 

Anímate, trae aos teus fillos e celebremos xuntos o Nadal!
Porque cando o vivimos en comunidade… a alegría multiplícase. 

Inscríbete antes do 17 de decembro. 

Nadal tamén é estar preto de quen nos necesita

O tempo de Advento e Nadal sempre trae consigo a oportunidade do novo e tamén a de renovar ou retomar algo que deixamos polo camiño. Quizais sexa porque nos achega ao final do ano e inevitablemente miramos cara atrás, ou porque nos achegamos a un ano novo e necesitamos proxectar e desexar algo mellor; o certo é que, para todas as persoas, crentes e non crentes, este tempo é diferente e especial. Os cristiáns celebramos que Deus nace e segue nacendo no medio da nosa realidade, sexa cal for, como un máis de nós. E necesitamos lembralo e facelo presente, porque moitas veces isto esquécesenos. Quédanos a memoria en branco cando deixamos de ser testemuñas do seu amor incondicional a toda a Humanidade. Cando deixamos de expresar proximidade e coidado aos que temos máis preto; cando nos deixamos encher de indiferenza ante a dor, a pobreza ou o sufrimento de tantas persoas en tantos lugares. 

Para todas as persoas, é a oportunidade do reencontro e do volver a casa; volver ás fontes que dan sentido á nosa vida. Máis aló da superficialidade do consumo, das luces e as présas, ansiamos atoparnos coa verdade que nos habita para compartila cos demais.

Convidámosvos a vivir un Advento e un Nadal que exprese proximidade e coidado, nos que as comunidades cristiás sexan verdadeiros lugares de acollida e de encontro onde se respire esperanza, amor e paz, e zumeguen as relacións de fraternidade.

Actividades de Navidad

Desde los Programas de Atención a la Infancia y a la Juventud os invitamos a participar en las actividades que vamos a realizar estas navidades.

Podéis solicitar información llamando al 982 24 20 09.

El plazo de inscripción permanecerá abierto desde mañana, 1 de diciembre, hasta el 15 de diciembre.

Las actividades de navidad dirigidas a niños y niñas se celebrarán el sábado, 18 de diciembre, y la fiesta de navidad para adolescentes, el domingo, 19 de diciembre.

¡Os invitamos a pasar con nosotros unas navidades inolvidables!

Aviso legal y Política de Privacidad | Canal de denuncia | Política de cookies