Convenio de colaboración entre a Xunta e Cáritas Lugo, xunto a outras organizacións

convenio_santiago

 O 3 de Maio de 2013 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou once convenios de colaboración con distintas entidades sen ánimo de lucro para levar a cabo programas de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual.

 Os convenios, dous máis que no pasado 2012, contan cun orzamento de preto de 300.000 euros e asínanse con Accem, Adoratrices Ourense, Aliad-Utreia, Cruz Vermella, Ecos do Sur, Faraxa, Médicos do Mundo, Oblatas Ferrol e Cáritas de Lugo, Santiago e Ourense. A Secretaría Xeral da Igualdade trata de apoiar os servizos existentes que xa están a traballar con estas mulleres, de xeito que poidan abranguer toda a Comunidade autónoma galega.

 Deste xeito foméntase a colaboración con entidades que teñen unha acreditada experiencia no traballo coas persoas inmigrantes, co obxecto de continuar levando a cabo este Programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata, coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas, e cofinanciado con Fondo Social Europeo do Programa Operativo 2007-2013 para Galicia.

Deja una respuesta