“DETRÁS DE LAS LUCECITAS: SUEÑOS Y MIEDOS DE MUJERES”

Detrás de las lucecitas

Exposición fotográfica de mulleres en contextos de prostitución

A Área de Muller de Cáritas Diocesana de Lugo organiza una exposición fotográfica itinerante, onde once mulleres en contextos de prostitución -algunha delas vítimas de trata de seres humanos- mostran os seus sonos e os seus medos a través de fotografías realizadas co móbil. Así mesmo, as participantes desta acción
explican as súas imaxes con comentarios escritos polo seu puño e letra.

Esta acción de sensibilización que é froito dun traballo que se comezou a desenvolver en febreiro deste ano, dará a luz o próximo 23 de setembro na Biblioteca Pública de Ramón Ferreiro (Biblioteca Nodal), coincidindo co Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos.

Posteriormente, poderase ver en diferentes localizacións. A seguinte parada será na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo (USC) dende o 26 de outubro ata o 13 de novembro. Para rematar o ano, a acción permanecerá exposta no HULA dende o 17 de novembro ata finais de ano.

Os doce paneis que compoñen a exposición fotográfica van acompañados de material informativo sobre a prostitución, a explotación sexual e a trata de persoas.

A área de Muller de Cáritas Diocesana de Lugo leva máis de 20 anos traballando con mulleres en contextos de prostitución. Ademais da atención social, psicolóxica, xurídica e/ou laboral que se lle proporciona ás mulleres; o traballo de sensibilización que desenvolve considérase un punto crave para a eliminación do estigma que recae sobre este sector de poboación, así como para a mellor intervención dos/as diferentes profesionais que atenden ás mulleres, cuxa sensibilización e información sobre a explotación e a trata de persoas é imprescindible para a correcta identificación das vítimas.

A trata de persoas é un fenómeno oculto e invisibilizado na nosa comunidade. As cifras e datos que se estiman de existencia de trata en Galicia son a “punta do inceberg” dunha situación real na que a identificación das vítimas é moi complexa. A ONUDD estima que 1 de cada 7 mulleres en prostitución en Europa é vítima de trata sexual e só 1 de cada 20 vítimas de trata é identificada nos países industrializados.

Deja una respuesta