Recoñecemento de Cáritas Diocesana a Institucións colaboradoras

Reconocimiento a Instituciones

 

O día 25 de marzo, ás 12 h na sede de Cáritas en Avda. Américas 93-97, o director de Cáritas diocesana de Lugo, Ginés Plaza, fixo entrega da figura conmemorativa dos 50 anos de Cáritas ás seguintes institucións: Subdelegación do Goberno; Xunta de Galicia; Deputación de Lugo; Concello de Lugo; Delegación da Axencia Tributaria; Vicerreitorado de Lugo.

Con motivo do 50 aniversario de Cáritas diocesana de Lugo, esta organización quere ter un recoñecemento con todas aquelas persoas ou institucións que colaboraron activamente con eles no labor de axuda e solidariedade cos máis necesitados.

Na imaxe (de esquerda a dereita): o Vicerreitor da Universidade de Santiago, García Herradón; o Delegado en Lugo da Axencia Tributaria José MªNúñez; representante da Deputación, Regina Polín; o alcalde de Lugo, J. Clemente López, o director de Cáritas, Ginés Plaza, a Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Mosquera; o subdelegado Goberno, Ramón Carballo Páez, e o Delegado episcopal de Cáritas, Antón Negro

Deja una respuesta