Cáritas Diocesana de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, está a desenvolver os Cursos de Introdución á Lingua e á Cultura Galegas, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego.
A formación ten unha duración de 20 horas, en horario de 09:30 a 13:30 horas, e aborda contidos de comunicación básica, gramática e expresión e cultura galega, cunha metodoloxía práctica orientada a facilitar o uso da lingua en situacións da vida cotiá.
📅 Os cursos celébranse nas seguintes datas e localidades:
📍 Lugo: do 21 ao 25 de setembro e do 13 ao 16 de outubro
📍 Monforte: do 28 de setembro ao 2 de outubro e do 9 ao 13 de novembro
📍 Sarria: do 5 ao 9 de outubro
📍 Lalín: do 19 ao 23 de outubro
📍 Melide: do 26 ao 30 de outubro
📍 Becerreá: do 2 ao 6 de novembro
📍 Monforte: do 28 de setembro ao 2 de outubro e do 9 ao 13 de novembro
📍 Sarria: do 5 ao 9 de outubro
📍 Lalín: do 19 ao 23 de outubro
📍 Melide: do 26 ao 30 de outubro
📍 Becerreá: do 2 ao 6 de novembro
No primeiro curso celebrado en Lugo, o alumnado combinou as sesións formativas nas instalacións de Cáritas Diocesana de Lugo, na Avenida das Américas 93-97, cunha saída ao Mercado de Abastos de Lugo, onde puido poñer en práctica os coñecementos e expresións aprendidos na aula nun contexto real e cotián.
Con esta iniciativa, Cáritas Diocesana de Lugo aposta pola aprendizaxe da lingua como unha ferramenta que favorece a autonomía, a inclusión e a participación na comunidade, ao tempo que achega ás persoas participantes á lingua e á cultura galegas.
Aprender galego é tamén comunicarse, compartir e formar parte da comunidade.
Views: 113
