ACTIVIDADES DE NADAL 2012

caritas_nadal_2012

Con motivo do Nadal dende o Servizo de atención á infancia e xuventude queremos ofertar as xa tradicionais Actividades de Nadal para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos. Este ano a actividade terá como centro base o Colexio Divino Maestro. As actividades terán lugar os días 27 e 28 de decembro en horario de 10 a 13:30 e 16 a 19:30 h. O prazo de inscrición é do 11 ao 21 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo na Avenida das Américas nº 93-97 en horario de 10 a 14 horas.

 OBRADOIRO DJ

 Cos adolescentes que participaron nas actividades creadas polo Servizo de atención á infancia e xuventude ofertamos un Obradoiro de DJ que terá lugar o día 29 de decembro no Centro de Servizos de Cáritas na Avenida das Américas.

Deja una respuesta