Presentación dos actos do Día da Caridade

caridade_prensa_2 caridade_prensa_3

[INTERVENCIÓN  DE GINÉS PLAZA – MP3]

 O 21 de maio presentouse no local de Cáritas Diocesana de Lugo na avenida das Américas a serie de actos que se organizan con motivo de celebrarse próximamente o Día da Caridade. Mónica Yáñez presentou a rolda de prensa, dando paso ó Delegado de Cáritas, Antón Negro, que fixo unha reflexión sobre o lema da campaña deste ano. A ocntinuación o director, Ginés Plaza, fixo un adianto do programa a desenvolver, que detallamos a continuación:

• Mércores 29 de maio

– Ás 20:00 PREGÓN DA CARIDADE no Salón Rexio do Círculo das Artes a cargo do Cardenal D. Carlos Amigo.

• Xoves 30 de maio

– Dende as 10:30 da mañá ata as 13:30 do mediodía, haberá en Lugo, mesas para recoller donativos, atendidas por persoas voluntarias.

– Ás 18:00 Entrega de diplomas aos nenos e nenas dos colexios de Lugo por parte de D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia.

– Ás 19:00 Actividades para os nenas/as na Praza de Santa María, organizadas polo Servizo de Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo.

• Domingo 2 de xuño

– Toda a mañá haberá en Monforte, Melide e Lalín mesas para recoller donativos, atendidas por persoas voluntarias.

– Colectas nas misas de toda a Igrexa Diocesana.

Deja una respuesta