Visita da Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

A Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou a Caritas Diocesana de Lugo o día 5 de Abril coa XefaTerritorial en Lugo, Cristina Abades.

Salientou os programas que desenvolve Cáritas Lugo para axudar ás familias que máis o precisan.

Fíxoo durante unha reunión de traballo que tivo co Equipo Directivo para coñecer de primeira man as accións que se estaban a levar a cabo a través da convocatoria do 0,7% do IRPF.

Así mesmo, a directora xeral atendeu as dúbidas e cuestións que lle realizaron os representantes da organización, co obxectivo de continuar o traballo conxunto realizado pola Xunta de Galicia e a Entidade de cara a mellorar a atención destinada tanto aos máis pequenos como ás familias.