A Xunta informa sobre como tramitar o bono social eléctrico

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na sede de Cáritas Lugo nunha xornada incluída na campaña informativa impulsada polo Executivo galego para facilitar aos consumidores máis vulnerables a tramitación do bono social eléctrico e da axuda complementaria impulsada pola Administración autonómica, que permite asumir o pagamento do 100% da factura, e que garante así mesmo que non van sufrir ningún corte no servizo.

Con esta iniciativa a Xunta pretende formar e asesorar aos técnicos dos servizos sociais municipais e das asociacións de consumidores, ademais de ao persoal de Cáritas e Cruz Vermella, dado que traballan de xeito directo coas persoas e familias que son potenciais beneficiarias destes recursos.

Ademais, estanse a distribuír nas oficinas da Xunta, nos concellos, nas dependencias de Cáritas e Cruz Vermella e nas distintas asociacións de consumidores e usuarios unha primeira tirada de 50.000 folletos para achegar á cidadanía as claves destes apoios, unha información tamén dispoñible na web do Inega e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). Este último conta co teléfono gratuíto 900 231 123 para atender as consultas dos consumidores.

O bono social do Estado supón unha bonificación de entre o 25% e o 40% no recibo de luz. Galicia foi a primeira comunidade en ofrecer axudas complementarias, e así, a Xunta cobre o 50% do pagamento da factura eléctrica dos consumidores vulnerables severos e garante ao mesmo tempo que non van sufrir ningún corte no servizo. Este complemento permite que os beneficiarios poidan asumir o pagamento do 100% da factura, xa que outro 10% asúmeo o propio sistema eléctrico.

O apoio autonómico, do cal xa se benefician este preto de 100 familias da provincia Lugo, regúlase a través dunha orde de axudas cunha contía máxima de 250 euros ao ano, ou de 400 euros no caso das familias numerosas, e compleméntase co protocolo de colaboración asinado coas principais comercializadoras para evitar o corte de subministración entre los consumidores más sensibles.

Fuente: www.xornaldelugo.com

Noticia original: http://www.xornaldelugo.com/a-xunta-informa-sobre-como-tramitar-o-bono-social-electrico/