Cáritas Lugo inicia os cursos de introdución á lingua e á cultura galegas en seis localidades

Cáritas Diocesana de Lugo pon en marcha novos cursos de introdución á lingua e á cultura galegas, dirixidos a persoas maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego. A formación, organizada e impartida pola entidade en colaboración coa Xunta de Galicia, terá unha duración de 20 horas e abordará contidos de comunicación básica, gramática, expresión e cultura galega. Ao finalizar, o alumnado recibirá unha certificación da Xunta de Galicia.

Os cursos celebraranse en horario de 9.30 a 13.30 horas. A continuación, atoparedes os lugares, as datas e a información de contacto para participar:

  • Lugo: do 21 ao 25 de setembro e do 13 ao 16 de outubro de 2026. Chama ao Programa de Acollida de Cáritas Diocesana de Lugo, a través do teléfono 982 24 20 09.
  • Monforte: do 28 de setembro ao 2 de outubro e do 9 ao 13 de novembro de 2026. Chama ao Programa de Acollida de Cáritas Interparroquial de Monforte, a través do teléfono 982 40 44 53.
  • Sarria: do 5 ao 9 de outubro de 2026. Chama ao Programa de Acollida de Cáritas Interparroquial de Sarria, a través do teléfono 982 87 36 76.
  • Lalín: do 19 ao 23 de outubro de 2026. Chama ao Programa de Acollida de Cáritas Parroquial de Lalín, a través do teléfono 698 163 708.
  • Melide: do 26 ao 30 de outubro de 2026. Chama ao Programa de Acollida de Cáritas Parroquial de Melide, a través do teléfono 698 163 708.
  • Becerreá: do 2 ao 6 de novembro de 2026. Chama ao Programa de Acollida de Cáritas Lugo, a través do teléfono 982 24 20 09.

A iniciativa pretende facilitar un primeiro achegamento ao galego e favorecer o seu uso na vida cotiá, ao tempo que ofrece ás persoas participantes unha introdución á cultura galega.

Aviso legal y Política de Privacidad | Canal de denuncia | Política de cookies