Día Internacional del Voluntariado

Hoy, 5 de diciembre, celebramos uno de los días más especiales del año, el Día Internacional del Voluntariado.

En este día celebramos la solidaridad por las que cientos de miles de personas comparten su experiencia y su tiempo para ayudar a mejorar su comunidad. 

Este día, nos reunimos, un año más, las entidades que formamos la Red Lucense de Voluntariado para leer un manifiesto en el que reivindicamos la figura del voluntario y llamamos a la sociedad a unirse y participar de la más hermosa de las tareas, que es acompañar al prójimo.

 

La Red Lucense de Voluntariado está formada por: 

  • Aliad Ultreia
  • Auxilia Lugo
  • Aspnais Lugo
  • Ateibo, Asociación Cultural Xuveni.
  • Alume Saúde Mental
  • AECC Lugo
  • Capaces Lugo
  • Cáritas Diocesana de Lugo
  • Cogami Lugo
  • Down Lugo
  • Dignidade Lugo
  • Fundación JuanSoñador
  • FSG Lugo – Fundación Secretariado Gitano
  • Raiolas Lugo
  • Universidade de Santiago de Compostela

MANIFIESTO: O ESTADO DA SOLIDARIEDADE

No Día Internacional do Voluntariado, queremos facer visible a importancia de contar no noso país cunha rede de persoas que apostan polo exercicio da solidariedade, que colaboran nalgunha das organizacións sociais que integran a Rede Lucense de Voluntariado e, de forma altruísta, traballan por unha sociedade mellor. Un mundo que teña en conta a todas as persoas, sen excepción.

No noso intento de construír unha contorna máis humana, seguimos traballando por implantar unha verdadeira cultura da solidariedade, que contemple o voluntariado como unha actividade á que poida acceder a poboación a partir da adolescencia. Un estilo de vida que, ademais, se manteña ao longo de toda a traxectoria vital, mentres a persoa o desexe.

Con esta proposta, desde a Rede Lucense de Voluntariado non só ofrecemos unha alternativa para mellorar as vidas das persoas máis vulnerables, para atender algunha das numerosas causas sociais que requiren apoio. Desde a Rede Lucense de Voluntariado afirmamos que as persoas que exercen a solidariedade son as primeiras beneficiarias da súa propia acción. O voluntariado enriquece a vida de quen recibe, pero tamén de quen ofrece. En definitiva, facer voluntariado mellora a nosa sociedade.

Neste 5 de decembro, sostemos que a acción voluntaria é a resposta máis saudable nestes tempos tan escuros para Europa e o mundo. Nun contexto no que aflora o odio e a violencia, onde se instala a desconfianza e moitas persoas miran ao futuro con desasosego… Apostemos polo compromiso. Apostemos pola empatía. Apostemos pola solidariedade.