IX XORNADA DA REDE GALEGA CONTRA A TRATA SEXUAL

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Trata Sexual, o próximo 15 de outubro terá lugar a IX edición das Xornadas da Rede Galega Contra a Trata Sexual, este ano, centrándose na prostitución como forma de violencia machista.Por motivos de prevención as xornadas, este ano, celebraranse de maneira telemática.

Para incribirse tedes que cubrir o seguinte formulario https://docs.google.com/…/1FAIpQLSe_ScPvYn0YiXdMD…/viewform…As xornadas comenzan ás 10.00h da maña coa inauguración por parte da Secretaría Xeral de Igualdade.

A continuación será a ponencia das Youtubers Towanda Rebels, que falarán sobre prostitución e violencia de xénero. Ás 11.00 h, Begoña Vera Guanche, do Programa Daniela-Oblatas Las Palmas G.C., fará unha valoración do plan de continxencia. Para rematar Celsa Perdiz, coordinadora de traballo social do Sergas de Ourense, falaranos de cómo funciona o servizo social en tempos da COVID-19. Clausurará o acto Carlos Villar Arévalo, portavoz da Rede Galega Contra a Trata Sexual.

Esperámosvos!!!!

Podedes seguir a Xornada en https://www.youtube.com/watch?v=vN1yS1V7Ysc