Imos ao cine!

Desde os Programas de Atención á Infancia e a Xuventude, organizamos a actividade: Imos ao Cine, o día 26 de novembro. 

Participaron 18 nenos, 7 adolescentes e 7 monitores.

Os obxectivos que pretendemos con ese tipo de actividades son favorecer as relacións sociais e fomentar o gusto polo cine .

A película elexida para visionar foi “Wish: O poder dos desexos”

É unha película para tódolos públicos, producida por Disney, que ten como tema principal que os desexos se fagan realidade.