25 N – MOBILIZÁMONOS POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Con motivo do día 25 de Novembro, día internacional pola eliminación da violencia que se exerce contra as mulleres, Aliad Utreia, Cáritas de Lugo e Cruz Vermella unímonos tomando o espazo público e convocando aos centros educativos da nosa cidade para mobilizarnos  un ano máis contraa violencia machista, facendo visible que a trata das mulleres con fins de explotación sexual, é un xeito máis desa violencia.
 

Queda moito que facer, o principal é educar na igualdade para que os rapaces non conciban a posibilidade de alugar mulleres e as rapazas non se vexan atraídas polas novas formas de cosificación e explotación sexual que están tan presentes nas redes sociais.

Cremos que é imprescindible que a nosa sociedade rexeite e se manifeste contra a comercialización e a Trata de mulleres e nenas en todas as súas formas. 

Hoxe os rapaces co seu  movemento, quixeron lembrar como mulleres e nenas en todo o mundo son mercantilizadas, vítimas de trata e da explotación, nun mercado global onde a súa liberdade está restrinxida, a súa voz silenciada e as súas vidas golpeadas e apagadas.
 
En Cáritas queremos un mundo que sexa a casa común onde todos e todas sintámonos parte da Humanidade.  
 
Queremos dar  as grazas aos Colexios Josefinas, Maristas, Divino Maestro,  Franciscanos,  Divina Pastora e ao alumnado e á escola de baile MAGIE DANCE pola vosa participación e movemento hoxe aquí. 
 
Queremos dar as grazas por non caer na indiferenza, por comprometervos e tomar unha posición ao decir, NON Á VIOLENCIA CONTRA A MULLER, NON A TRATA E A EXPLOTACIÓN.