Xornada “Emprego Digno, un Dereito”

Con motivo do día Mundial da Xustiza Social (o 20 de febreiro de 2022) a Rede TIL organizou o 18 de febreiro unha xornada para conmemorar este día. O ano pasado por motivos da pandemia a xuntanza foi virtual, pero este ano recuperouse a presencialidade. 

O horario elixido foi de 11 a 14 da mañá e estivo distribuído nun primeiro momento para a intervención das persoas invitadas e rolda de preguntas para todas elas ao final.

Participaron na xornada como poñentes, ademais do moderador, Alex Núñez (Rede TIL) e Olga López Racamonde (Concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores de Lugo) que fixo a apertura do acto, persoas representantes dos sindicatos maioritarios da provincia: CIGA, UXT e CCOO que informaron sobre os contidos máis significativos e novidosos da Reforma Laboral recentemente aprobada. Tamén houbo representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais que mostrou o traballo desinteresado que desenvolve ao longo da provincia no asesoramento a traballadores e empresas con menos recursos. Tivemos ocasión de participar en dinámicas e consellos da man da psicóloga Elena Fernández que abordou as competencias emocionais na busca de emprego e a situación de desemprego.

Durante a xornada abordáronse varios temas relacionados coas relacións laborais, dende os dereitos das persoas traballadoras, ata os modelos mais xustos de emprego que busca a reforma laboral.

Nese camiñar puidemos observar as vivencias persoais e emocionais que atravesan as persoas que están a procurar un emprego de calidade, así como as emocións que viven as persoas que aínda tendo emprego non é un emprego que lles permita unha autonomía persoal e familiar, polas características do mesmo.

Achegáronnos recursos dispoñibles para o asesoramento laboral, que están abertos incluso a persoas que non poderían financiar ese asesoramento, a rede establecida polo colexio oficial de traballadores sociais ao longo da provincia, pon a disposición de calquera persoa un asesoramento profesional tanto para persoas demandantes de emprego, como para empresas, unha ferramenta interesante e que moita xente non coñece.

CONSELLOS PARA A BÚSQUEDA ACTIVA DE EMPREGO E PARA LEVAR
MELLORAR A SITUACIÓN PERSOAL DE DESEMPREGO

A psicóloga madrileña Elena Fernández, achegounos a varias parcelas emocionais importantes a tratar coas persoas que están buscando emprego, ou que tentan mellorar a situación de emprego precario no que viven.

Valorou o traballo en rede, e a busca de redes (familiar, comunidade, amizades…) co fin de aproveitalas como punto forte a hora de atopar emprego. Moitas veces a situación de desemprego vívese en soidade e iso pecha a porta a ofertas de emprego que moitas veces temos cerca.

O papel importante que xoga a familia e amizades no propio estado de ánimo da persoa desempregada, que a veces pode afectar na propia iniciativa de buscar emprego. A actitude positiva axuda a detectar posibilidades. A colaboración e apoio da rede familiar e da redor é importante de cara a mellorar a autoestima. Importante tamén, o propio concepto que temos de nós mesmos, das nosas posibilidades, do que estamos dispostos ou podemos arriscar por un emprego, do papel que xogan as persoas que atenden aos desempregados, da actitude de cara a unha entrevista de traballo.

Tamén centrou a mirada na asertividade (capacidade persoal de poñer límites), que esteamos nunha situación difícil non quere dicir que teñamos que aceptar todo o que nos propoñen ou nunhas condicións que sabemos que a longo prazo non imos soportar. Ter autoestima e personalidade axudaranos a saber dicir que non ou a poñer enriba da mesa os nosos intereses. Debemos buscar un equilibrio entre os dereitos e os deberes e prefixar límites antes dunha entrevista de traballo, indagar sobre o traballo da empresa que nos entrevista, mostrar as nosas cualidades pero sen unha euforia desmedida, que nos poida parecernerviosos e desesperados, amornar os ánimos, e mostrarse seguros do que podemos ofertar, demostrar que somos a persoa adecuada para cubrir o posto que nos ofertan.

A nivel persoal temos que traballar coas persoas en situación de desemprego a súa actitude, a relaxación (o estrés non axuda), as entrevistas ou incluso o duelo por esa perda de emprego, antes de afrontar a busca dun novo. Mostrarlle tódolos recursos de que dispón, as súas fortalezas e oportunidades, abrirlle un abanico de posibilidades que lle axuden a afrontar un novo reto con esperanza.

A maior parte das veces as persoas estamos capacitados para desenvolver moitas mais labores das que cremos, así mesmo que a xente nos coñeza, e coñeza o noso bo facer nas redes máis próximas pode ser importante a hora de recomendarnos para un emprego. A importancia das redes.

O PAPEL DOS SINDICATOS E INSTITUCIÓNS LABORAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO NAS RELACIÓNS LABORAIS

Outros recursos dos que dispoñemos son os sindicatos e os asesores xurídicos e laborais aos que moitas veces só nos achegamos cando xorden problemas. É importante coñecer os dereitos laborais que temos antes de firmar acordos ou pecharcontratacións. Tanto as empresas como as persoas traballadoras deben coñecer os seus dereitos e deberes laborais co fin de previr situacións de conflito, que na maior parte dos casos fan aflorar emocións negativas a tódalas partes implicadas.

Sería ideal pois asesorarse antes ou durante a relación laboral que nos ocupe, para non chegar a disputas xudiciais ou conflitos cos compañeiros/as, xefes, subordinados. Nese aspecto temos unha rede de graduados sociais, avogados e sindicatos que nos poden axudar neste aspecto. 

EMPREGO DIGNO, UN DEREITO

Como mostra o título das xornadas: “Emprego digno, un dereito”, moita xente na actualidade está a vivir unha situación de desemprego, ou o que consideramos peor, o emprego que teñen non lles permite vivir con dignidade, polo que aínda hai moito traballo por facer.

Dende as entidades que formamos a  Rede TIL, buscamos prestar apoio a todas aquelas persoas que se ven abocadas a  unha situación difícil ou en risco de exclusión social polo único motivo de non ter traballo.

A Rede TIL (Rede de Técnicos de Inserción Laboral) de Lugo está composta por: ACROPROS, ALIAD Ultreia, Cáritas Diocesana de Lugo, COGAMI, Concello de Lugo, Cruz Vermella, Diaconía, Dignidade, DOWN LUGO, FADEMGA, FAXPG, FEAFES, Fundación de Amigos de Galicia, Juan Soñador, Secretariado Gitano e USC.