Dende os Programas de Atención á Infancia e a Xuventude organizamos as seguintes actividades de cara o verán:
- Campamentos Urbanos , dirixidos a nenos e nenas de 8 a 14 anos. Este ano, coa XXVII edición, realizaranse dous Campamentos Urbanos. O primeiro do 12 ao17 de xullo e o segundo do 19 ao 24 de xullo. Como centro base, contamos co CEIP As Gándaras.
O centro de interese deste año é: CARIWARTS… ESCOLA DE MEIGAS E DRUIDAS. Con este centro de interese acercaremos aos nenos ao mundo da maxía e a súa historia.
- Acampada Multiaventura, dirixida a mozos e mozas de idades comprendidas entre 14 e 17 anos. Este ano, teremos como centro base as instalacións de Naturmaz, en Mazaricos, do 28 ao 31 de xullo.
O centro de interese deste año é: Os Xogos da Fame. Centro de Interese, que nos permite propoñer dinámicas sobre a fame no mundo, impacto da economía global, a pegada do reboutallo dos alimentos.
O prazo de inscripción será do 7 ao 30 de xuño, no Centro de Servizos de Cáritas Diocesana de Lugo, na Avenida das Américas 93-97
Entre os obxectivos que perseguimos coa realización destas actividades están o fomento de valores como o traballo en equipo, tolerancia, respeto, cooperación, comunicación e solidaridade.
Agradecer , de maneira especial, a colaboración do equipo de monitores dos Programa de Atención á Infancia e a Xuventude, persoas voluntarias , que coa súa dedicación , formación e esforzo, ao lado dos técnicos de servicio, fan que cada año as actividades realizadas sexan todo un éxito.
Así mismo, agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, Concello de Lugo, CEIP As Gándaras.
Este ano, debido á situación actual, é preciso implementar medidas hixiénico – sanitarias como distancia de seguridade, toma de temperatura, uso de mascarillas, utilización de hidroxeles e desinfección de instalacións.